InicioSociedadeO Concello, condenado a pagar máis de 1,5 millóns á promotora do...

O Concello, condenado a pagar máis de 1,5 millóns á promotora do concerto de Guns N’ Roses

O recurso deriva da negativa do Concello de pagar o patrocinio do concerto, alegando que se tramitou un concurso público que, finalmente, quedou deserto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xulgado do Contencioso Administrativo 2 de Vigo condenou ao Concello de Vigo a pagar á empresa Sweet Nocturna, promotora do concerto de Guns N’ Roses, máis de 1,5 millóns de euros polo patrocinio errado do evento, celebrado no estadio municipal Abanca Balaídos o 12 de xuño de 2023. O recurso deriva da negativa do Concello de pagar o devandito patrocinio, alegando que se tramitou un concurso público que, finalmente, quedou deserto. Pola súa banda, a empresa xustificou que, antes de que se pechase ese procedemento, xa había un “acordo recíproco” para a celebración do concerto e “actos preparatorios” anteriores á formalización do contrato.

Cando o Concello declarou deserto o concurso, a empresa reclamou ser compensada, pero a Xunta de Goberno desestimou as súas pretensións. A partir de aí, recorreu aos tribunais, e agora o Xulgado declarou que os acordos da Xunta de Goberno rexeitando as reclamacións de Sweet Nocturna son desconformes a Dereito. No seu fallo, condena ao Concello a abonarlle o prezo ofertado no procedemento de licitación, 1.563.000 millóns de euros, máis o IVE e os intereses correspondentes.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...