InicioSucesosAbsolven ao fisioterapeuta de Vigo condenado por abusar sexualmente dunha clienta

Absolven ao fisioterapeuta de Vigo condenado por abusar sexualmente dunha clienta

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) revoga parcialmente a sentenza da sección quinta da citada Audiencia Provincial, a cal contaba cun voto particular que avogaba pola absolución do acusado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso de apelación interposto por un fisioterapeuta de Vigo condenado pola Audiencia Provincial de Pontevedra a un ano de cárcere como autor dun delito de abusos sexuais labor sobre unha clienta.

Así, os maxistrados absolveron ao home, revogando parcialmente a sentenza da sección quinta da citada Audiencia Provincial, a cal contaba cun voto particular que avogaba pola absolución do acusado.

A Sala do Civil e Penal explica na sentenza que se, como indica o tribunal de instancia, “a pesar da proba de cargo, as dúbidas non se desvaneceron con relación á realidade de dous feitos imputados, a conclusión é patente en aplicación do principio in dubio pro reo: non procede emitir unha sentenza condenatoria nin pola atribución dos tocamentos dos peitos nin pola referencia ás caricias na cintura”.

A Audiencia absolvérao das acusacións doutras usuarias, un extremo que tamén confirmou o alto tribunal galego.

En canto aos “contactos vaginales”, os maxistrados subliñan, contrariamente á sentenza da Audiencia Provincial, que “a declaración do acusado recollida na sentenza nada corrobora, senón que, ao contrario, de ser crida, desmentiría a acusación”, á vez que indican que “a declaración da vítima carece da corroboración aducida na sentenza, logo a súa verosimilitud non pode, por esta cualidade, darse por acreditada”.

No fallo, engaden que “tampouco a persistencia debe darse por sentada porque tampouco achega detalles ou precisións exentos de contradicións que afectan o núcleo dos feitos”.

O TSXG conclúe que, “a falta doutros datos ou fontes de proba, as dúbidas, que apenas permiten columbrar confusamente o sucedido no curso dunha terapia con masaxes, impiden chegar á certidumbre propia dunha sentenza penal condenatoria”. A resolución non é firme, pois cabe presentar recurso ante o Tribunal Supremo.

Todo iso despois de que o fisioterapeuta fose condenado a un ano de cárcere por tocar os peitos e os xenitais dunha dos seus pacientes. Así, a Audiencia considerouno autor dun delito de abusos sexuais sobre unha clienta que atendeu na súa clínica, situada na parroquia de Valladares. Con todo, outro tres pacientes denunciaran, polo que se pedía ata 13 anos e medio de prisión para o home. Agora, o TSXG absolveuno de todos os delitos.

ÚLTIMAS

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...