InicioSociedadeA Xunta di que o contrato con Povisa está pendente "dos últimos...

A Xunta di que o contrato con Povisa está pendente “dos últimos matices” para que a empresa se presente

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, explicou este xoves que o contrato de dous anos para a continuidade do Hospital de Povisa en Vigo está aínda pendente de “perfilar os últimos matices” por parte do Grupo Ribeira, empresa titular do centro, para que se poida presentar ao proceso de licitación.

A preguntas dos medios antes de visitar a nova sede da Asociación Española contra o Cancro na cidade olívica, Gómez Caamaño recoñeceu que aínda non hai “unha solución definitiva”, pero confía en que todo se solucione “dunha maneira moi positiva” para a Xunta, para os traballadores e “por suposto para a área sanitaria de Vigo, que ben o merece”.

Hai case un mes –o 27 de decembro– que o Goberno galego autorizou lanzar o contrato con Povisa por importe de case 195 millóns de euros e unha vixencia inicial de dous anos. Con todo, o contrato sufriu un cambio importante: pasa de ser un concerto a un contrato de servizos, polo que debía saír a licitación e que a empresa se presentase ao proceso. Ademais, o adxudicatario terá o deber de prestar asistencia sanitaria para os procesos incluídos na carteira de servizos que se recollen nos pregos e a Xunta só pagará polas prácticas que realmente se realicen.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...