InicioSociedadeVigo apaga a súa iluminación do Nadal este domingo, tras "dous meses...

Vigo apaga a súa iluminación do Nadal este domingo, tras “dous meses de alegría”

O acto de apagado terá lugar ás 19.00 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Concello de Vigo realizará o acto de apagado da iluminación do Nadal este domingo, 12 de xaneiro ás 19.00 horas, segundo avanzou o alcalde da cidade, Abel Caballero, que explicou que as luces permanecerán acendidas ao longo da semana tras a petición do sector hostaleiro e turístico. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor explicou que o Concello acaba de recibir “unha petición do sector hostaleiro, hoteis, cafetarías, restaurantes” para prorrogar a iluminación de Nadal durante toda esta semana.

“Bueno, eu xa o pensei, pero como aínda enriba pídemo o sector, claro, podemos seguir facendo unha exhibición do que é o Nadal na cidade”, proclamou Caballero, antes de confirmar que o apagado será o 12 de xaneiro. “Isto significará que o Nadal de Vigo duraría case dous meses, dous meses de alegría, de bo funcionamento”, celebrou o rexedor, que avanzou que esta campaña do Nadal foi “a máis importante” que houbo “na historia da cidade”. “Fortalecémonos como líderes do Nadal en toda Europa, este ano máis que nunca, sen os inconvenientes colaterais que había outros anos”, engadiu.

Abel Caballero, que lamentou que “o Nadal lle gusta a todo o mundo, excepto a Rueda e a Feijóo”, tamén fixo balance da Cabalgata dos Reis Meigos, celebrada este ano de forma estática no Instituto Feiral da cidade debido ao mal tempo, e subliñou que o resultado foi “especialmente bo”, con “máis de 36.000 persoas” participantes no evento, e que “a inmensa maioría” da xente que acudiu ao recinto feiral felicitou aos responsables municipais. Por outra banda, tamén informou de que o Belén monumental, que pechou as súas portas nas últimas horas, recibiu case 119.000 visitas, un 10 % que no Nadal de 2023-2024.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...