InicioSociedadePapá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Este ano, a diferenza doutros, por motivos de seguridade os participantes non puideron lanzar caramelos desde as motos, é por iso que fixeron unha Papanoelada estática en Navia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer as rúas do centro da cidade de Vigo. Así, convocados por Moto Club Galicia, os motoristas comezaron a súa ruta, acompañados pola Policía Local e voluntarios para manter a seguridade, ás 16.00 horas desde Navia para chegar ata o centro da cidade olívica.

Esta tradicional cita contou tamén coa presenza de numerosos cidadáns que viron como os participantes se ataviaron, a eles e ás súas motos, con diferentes motivos do Nadal. Un deles, mesmo simulou un trineo tirado por un reno. Con todo, este ano, a diferenza doutros, por motivos de seguridade os participantes non puideron lanzar caramelos desde as motos, é por iso que fixeron unha Papanoelada estática en Navia desde as 10.00 horas. Alí, habilitaron diferentes espazos para que se puidese doar comida que irá destinada ao Banco de Alimentos e é un dos requisitos para participar.

ÚLTIMAS

Rede de Mulleres manifestarase o 25N en Vigo: “Estamos a sufrir un retroceso que non podemos permitir”

A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo mobilizarase o vindeiro...

Stellantis Vigo inicia a produción en serie da nova versión das súas furgonetas compactas

Stellantis Vigo comezou a produción en serie da nova versión Smart Compact Van dos...

“Vigo ten unha oportunidade”: Louzán abre a porta ao Mundial de 2030 e anuncia unha visita a Balaídos

O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, destacou este xoves...

Nova resposta da Xunta a Caballero polo Mundial de 2030: “Mantemos a mesma postura desde hai tempo”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu en que a Xunta...