InicioSociedadeUn veciño de Vigo acepta 1 ano e 3 meses de cárcere...

Un veciño de Vigo acepta 1 ano e 3 meses de cárcere por posesión e distribución de pornografía infantil

A xuíza acordou a suspensión da execución da pena por un período de 2 anos, a condición de que o procesado non delinca nese tempo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un veciño de Vigo aceptou este martes a pena dun 1 ano e 3 meses de cárcere como autor dun delito de posesión e distribución de pornografía infantil, nunha vista de conformidade celebrada na sala do Penal 2 da cidade olívica. Segundo se recolle no escrito de acusación da Fiscalía, os feitos recoñecidos polo procesado tiveron lugar no ano 2022, cando os investigadores tiveron coñecemento de que, desde un computador dun veciño da cidade, estaba a distribuírse contido audiovisual de pornografía infantil.

Unha vez identificada o IP do usuario, realizouse unha entrada e rexistro no domicilio do acusado, onde se atoparon un computador con dous discos duros, outro disco duro externo, tres memorias USB e dous portátiles, entre outros efectos. Na análise dos equipos localizáronse máis de 850 arquivos (vídeos e imaxes) de contido pedófilo, con escenas sexuais explícitas de menores, e con adultos.

Por estes feitos, a Fiscalía pedía inicialmente unha pena de 3 anos de prisión, aínda que tras o acordo, a condena reduciuse a 1 ano e 3 meses. Igualmente, o procesado foi inhabilitado para exercer profesión ou oficio que implique trato directo con menores por un período de 3 anos e 3 meses. A xuíza acordou a suspensión da execución da pena por un período de 2 anos, a condición de que o procesado non delinca nese tempo.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...