InicioSociedadeA sentenza pola explosión de Páramos fixa indemnizacións por máis de 9...

A sentenza pola explosión de Páramos fixa indemnizacións por máis de 9 millóns e 4 anos de cárcere para o acusado

Francisco G.L. era o responsable dun almacén pirotécnico ilegal que voou polo aire en maio de 2018 en Tui e provocou a morte dun matrimonio, así como lesións a decenas de persoas e cuantiosos danos materiais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a penas que suman 4 anos de prisión a Francisco G.L., responsable dun almacén pirotécnico ilegal que voou polo aire en maio de 2018 en Tui e provocou a morte dun matrimonio, así como lesións a decenas de persoas e cuantiosos danos materiais. O tribunal establece así a pena que xa fora pactada polas acusacións e a defensa na vista de conformidade celebrada en setembro pasado, e condena ao procesado por un delito imprudente de estragos en concurso ideal con dous delitos de homicidio imprudente e 28 lesións por imprudencia; e tres delitos de risco catastrófico provocado por explosivos (polos ‘zulos’ que a Garda Civil descubriu e que tiñan material explosivo almacenado de forma irregular).

Ademais das penas de prisión, que suman catro anos, a Audiencia condénao ao pago de multas que suman 3.240 euros, e inhabilítao para exercer profesión ou actividade que teña que ver coa pirotecnica por un período de 18 anos. Igualmente, tampouco poderá achegarse a menos de mil metros da zona da explosión, en barrio de Paramos, durante 4 anos. No fallo do tribunal tamén se recolle que o acusado e a súa aseguradora, Mapfre, deberán indemnizar aos fillos do matrimonio falecido (en 280.000 euros a cada un) e ás persoas que sufriron lesións pola deflagración (37 persoas, con compensacións que suman máis de 185.000 euros).

Igualmente establécense indemnizacións por danos en máis de 500 inmobles (vivendas e outros locais) e vehículos, de máis de 8 millóns de euros, así como a compensación por danos en serivios públicos do Concello de Tui (iluminación, redes de abastecemento e saneamento, mobiliario urbano, viarios, etc.) que superan o medio millón de euros. A Audiencia establece que, nos casos en que os prexudicados fosen compensados polos seus seguros, a indemnización deberá pagarse ao seguro. Así mesmo, tamén sinala que a responsabilidade civil directa de Mapfre limítase ata un máximo de 1,5 millóns de euros, que é a cobertura prevista na póliza que tiña subscrita o acusado; mentres que declara a responsabilidade civil subsidiaria da empresa do acusado, a pirotecnia La Gallega.

ÚLTIMAS

‘Quero ser investigadora’, historias de mulleres investigadoras que triunfan na Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo afianza o seu compromiso coa divulgación científica e co fomento...

Extraballadores de Alfageme pídenlle axuda a Caballero para poder cobrar os 3 millóns de euros que lles adebedan

Decenas de extraballadores da histórica conserveira viguesa Alfageme concentráronse na mañá deste martes ante...

Detido un traballador dunha residencia de maiores de Vigo polo suposto roubo de xoias a unha usuaria

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron un home, traballador dunha residencia...

Na rúa tras 20 anos nunha chabola en Vigo: Xunta e Concello deixan a dúas familias sen alternativa habitacional

Dúas familias de Vigo enfróntanse a un desafiuzamento inminente. Piden ás administracións unha "vivenda...