InicioSociedadeDous puntos da cidade continúan con mala calidade do aire

Dous puntos da cidade continúan con mala calidade do aire

Como consecuencia dos lumes do norte de Portugal

PUBLICADO O

- Advertisement -

A calidade do aire mellora en Galicia, coa maioría de estacións de medición en situación favorable ou regular salvo dous puntos de Vigo que teñen unha calidade mala.

Segundo a web de Meteogalicia, os dous puntos da cidade olívica que se atopan neste nivel é a estación de Coia e no polígono de Balaídos, onde está a fábrica de Stellantis.

Este nivel, aínda, débese ao contaminante PM25 –que se orixinan nos incendios– como consecuencia dos lumes do norte de Portugal.

Desta forma, a calidade do aire en Galicia é favorable no 48,8% das estacións, regular no 27,9% e boa no 18,6%.

Durante esta xornada Galicia atópase na influencia dun centro de baixas presións pouco profundas centradas ao norte e coa circulación do noroeste. O vento é frouxo en dirección variable con predominio do compoñente norte.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...