InicioSociedadeCondenados dous menores tras difundir un vídeo sexual doutro menor

Condenados dous menores tras difundir un vídeo sexual doutro menor

Os feitos ocorreron en abril de 2021, cando un dos acusados conseguiu un vídeo no que se vía á vítima masturbándose.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un recurso de apelación e confirmou a condena a dous menores de idade como autores dun delito de revelación de segredos, por difundir un vídeo de contido sexual doutro menor.

Na súa resolución, do pasado mes de xuño, o tribunal provincial ratifica a sentenza emitida polo Xulgado de Menores 1 de Pontevedra, que impuxo a un dos procesados a medida de liberdade vixiada por un tempo de 6 meses, coa obrigación de asistir a un taller de educación afectivo sexual e habilidades sociais (fomento da empatía e respecto entre iguais). O outro menor foi condenado a participar durante 4 meses en tarefas socioeducativas encamiñadas a previr os riscos asociados ao ‘sexting’ e sobre o uso responsable de novas tecnoloxías.

Ambos, e solidariamente os seus pais, deberán indemnizar á vítima, outro mozo menor de idade, en 1.000 euros máis intereses, polos danos morais, xa que o mozo sufriu unha situación de malestar emocional polas “mofas” e “burlas” das que foi obxecto.

Segundo se recólle na sentenza, os feitos ocorreron en abril de 2021, cando un dos acusados conseguiu un vídeo no que se vía á vítima masturbándose. O procesado ensinou o vídeo a outros menores nun parque e tamén no instituto (onde a vítima estudaba), ademais envioullo ao outro menor acusado que, igualmente, exhibiuno.

Cando os feitos transcenderon, o centro activou o protocolo de prevención do acoso escolar e expedientou ao mozo que iniciou os feitos, que estivo privado de acudir a clase durante un mes.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...