InicioCulturaCaballero negocia coa SGAE que Vigo volva acoller os Premios Max das...

Caballero negocia coa SGAE que Vigo volva acoller os Premios Max das Artes Escénicas

"Sería un reforzo da gran mobilización cultural que se realiza na cidade", proclamou Abel Caballero

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este xoves unha reunión co director xeral da Fundación SGAE, Rubén Gutiérrez, tras o que confirmou que se tratou a posibilidade de que a cidade volva acoller a gala de entrega dos Premios Max das Artes Escénicas.

Nunhas declaracións remitidas aos medios, o rexedor ha explicdo que o director da Fundación e responsable destes Premios recoñeceu que Vigo é “un lugar extraordinario para celebrar o evento de entrega dos galardóns”. “Sería un reforzo da gran mobilización cultural que se realiza na cidade”, proclamou Caballero.

A cidade olívica acolleu xa en 2003 a gala de entrega dos Premios Max. Nesa ocasión, a cerimonia celebrouse no Teatro do Centro Cultural Caixanova –agora Teatro Afundación–.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...