InicioSociedadeO Concello rexeita unha investigación sobre o accidente do Saltamontes e pide...

O Concello rexeita unha investigación sobre o accidente do Saltamontes e pide respecto aos tempos xudiciais

Polo suceso mortal sucedido nas festas da parroquia de Matamá

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno de Vigo rexeitou este luns a creación dunha comisión de investigación sobre o accidente mortal do Saltamontes nas festas da parroquia de Matamá e pediu respecto dos tempos xudiciais, ao haber un proceso en marcha.

Foi o grupo popular o que presentou no pleno desta mañá, no que non estivo presente o alcalde, Abel Caballero, unha moción para instar o Concello a crear unha comisión especial de investigación para analizar as circunstancias nas que se produciu dita traxedia. Iniciativa que non saíu adiante debido aos votos en contra dos socialialistas, pese ao apoio do PP e do BNG.

Na súa exposición, o concelleiro ‘popular’ Miguel Martín preguntou ao goberno local por que non precintou a autorización se non tiña os permisos necesarios. Ademais, lamentou que pasase máis dun mes no cal os responsables do Concello “escondéronse debaixo de comunicados de prensa”, sen “dar a cara” e tratando de “lavarse as mans” e responsabilizando “primeiro á comisión de festas e logo á Policía Local”.

Martín tamén lembrou que nas festas de Santa Ana de Beade o mesmo aparello funcionou sen autorización e sen que fose precintado. “Para que piden uns requisitos se logo nin se preocupan se funcionan ou non cando non se lles dá permiso”, engadiu.

Os ‘populares’ puxeron o foco en que outros concellos galegos contratan empresas especializadas para asegurar o bo funcionamento e o cumprimento destas atraccións, pero Vigo non. Por todo iso, solicitaron que se cre unha comisión de investigación, pedindo ao goberno local que non se escuden na existencia dunha investigación xudicial, xa que se complementarían. Na mesma liña falou o concelleiro do BNG Felipe Abalde, quen lamentou ter que estar a debater esta cuestión cando nunha situación de “normalidade” o goberno municipal xa a creou para coñecer que ocorreu na madrugada do sábado 3 de agosto en Matamá.

Tras criticar os comunicados remitidos polo Concello e a falta de “transparencia”, ao non ser enviada toda a documentación solicitada a pesar de que xa pasaron 38 días, el subliñou que “seguen sendo moitas as preguntas sen resposta”.

Por parte dos socialistas, a encargada de defender a súa posición foi precisamente a concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez, quen acusou á oposición de buscar rédito electoral e puxo en valor a forma de actuar non só do goberno de Vigo, senón dos funcionarios municipais.

Para ela, será a investigación xudicial en marcha a que resolverá “todas as dúbidas que todo o mundo ten”, pedindo que se respecten os tempos. Así, os socialistas votaron en contra da moción, polo que non saíu adiante.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...