InicioSociedadeSOS Sanidade Pública ve "ruinosa" a colaboración público-privada e esixe a contratación...

SOS Sanidade Pública ve “ruinosa” a colaboración público-privada e esixe a contratación de máis persoal en Vigo

"Ademais do incremento do negocio das empresas privadas, a Xunta do PP tiña outro obxectivo estratéxico: blindar o concerto con Povisa".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ve un “negocio ruinoso” a colaboración público-privada no sector sanitario e esixiu un plan urxente para blindar o público en Vigo, “que debe pasar polo incremento da contratación de persoal sanitario para a utilización intensiva do Hospital Álvaro Cunqueiro e do Meixoeiro”.

Nun comunicado remitido aos medios de comunicación, a plataforma criticou o argumento de “eficiencia” utilizado pola Xunta para recorrer a este tipo de investimentos, lembrando que no caso do Álvaro Cunqueiro esta colaboración supuxo un “sobrecusto” de 470 millóns de euros.

“Ademais do incremento do negocio das empresas privadas, a Xunta do PP tiña outro obxectivo estratéxico: blindar o concerto con Povisa para a atención sanitaria de 139.000 persoas da área de Vigo. Por iso recortou o proxecto inicial en 400 camas, as mesmas do hospital privado, que recibe 75 millóns de euros públicos cada ano”, engade.

Para a Asociación, a xestión do Executivo autonómico da sanidade é “nefasta”, “xa que mentres cunha man xera un sobre custo de 1.200 millóns en 10 anos na sanidade viguesa, con respecto ao proxecto inicial (custo Cunqueiro e Povisa), coa outra permite a venda de hospitais a fondos de investimento estranxeiros”.

“Estas son as consecuencias da chamada colaboración público-privada na sanidade pública”, lamentou SOS Sanidade Pública, esixindo un plan urxente para Vigo mentres se elabora un plan funcional para ampliar o Cunqueiro “que permita prescindir do concerto singular de Povisa”.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...