InicioSociedadeUn sindicato médico pide que toda os servizos do Cunqueiro sexan públicos

Un sindicato médico pide que toda os servizos do Cunqueiro sexan públicos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sindicato Médico de Galicia (Simega), adscrito á Confederación Estatal de Sindicatos Médicos, reclamou que “todos” os servizos, clínicos ou non, do Hospital Álvaro Cunqueiro sexan xestionados pola Xunta.

Tamén criticou “o modelo público-privado elixido polo Goberno de Feijóo cando chegou en 2009 á Xunta para a construción e xestión do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo”. “Porque non cumpriu as expectativas en canto ao número de camas, quirófanos e superficie hospitalaria prevista, e ademais, porque supuxo un sobrecusto de 166,7 millóns de euros a prezos actuais”, expón nun comunicado.

O Sindicato Médico de Galicia fai estas consideracións a raíz do informe elaborado polo Consello de Contas de Galicia, “no que se indica que, en 2014, un ano antes da apertura do novo centro, o número de camas no Complexo Hospitalario de Vigo ascendía a 1.241 e en 2021 era de 1.321 camas, só 80 máis”.

“Cando unha das xustificacións deste modelo público-privado era que só o Álvaro Cunqueiro disporía de 1.465 camas e todo o complexo 2.000”. “Tamén se reduciron os actos cirúrxicos e de urxencias, mentres se incrementaron as consultas externas, os transplantes e a diálese”, expón a central sindical que critica “o feito de que o número de quirófanos previsto para o novo centro hospitalario era de 36 e hoxe só hai tres máis”.

O Sindicato tamén pon o acento nos servizos de limpeza, lavandaría, menú e das instalacións comerciais “como parking, cafetaría, que foron adxudicados á concesionaria que, ademais de xestionar estes servizos no Álvaro Cunqueiro, xestiónaos tamén nos hospitais Meixoeiro e Nicolás Peña, cando neles non levou a cabo ningunha actuación de construción”.

ÚLTIMAS

Piden case 5 anos de cárcere para un acusado de agresión sexual a un menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...