InicioSociedadeAnfaco-Cecopesca e a Xunta impulsan a competitividade das conservas de mar

Anfaco-Cecopesca e a Xunta impulsan a competitividade das conservas de mar

O convenio de principios de 2024 permite o desenvolvemento de accións de I+D+i e mercadotecnia para mellorar a competitividade do sector.

PUBLICADO O

- Advertisement -

conselleiro do Mar, Anfonso Villares, participou este xoves no consello reitor da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e MariscosAnfaco-Cecopesca, onde puxo en valor o traballo da devandita entidade tras coñecer os avances en actividades científico-tecnolóxicas levados a cabo durante o primeiro semestre deste ano. Nun comunicado, a Xunta lembrou o convenio de colaboración asinado entre Anfaco e a Consellería para a promoción e mellora da comercialización de conservas de mar, co fin de impulsar a competitividade do sector e de favorecer o seu crecemento.

convenio, segundo dixo Villares, foi asinado a principios deste 2024 e grazas a el estanse levando a cabo distintas accións de promoción e difusión da calidade dos produtos do mar transformados. “O obxectivo é intensificar o coñecemento do conxunto da cidadanía sobre eles e impulsar o desenvolvemento do sector nesa materia”, engadiu o Executivo autonómico. Entre outras accións, inclúense diversas iniciativas relacionadas coa sustentabilidade, a transformación dixital, a seguridade alimentaria, a mercadotecnia e o I+D+i.

ÚLTIMAS

A Fundación Laxeiro expón unha serie de debuxos inéditos cunha gran forza expresiva

A sede da Fundación Laxeiro, na Casa das Artes de Vigo, expón desde este...

Ciencia de Ida e Volta en cafés de Pontevedra, Vigo e Ourense por parte do alumnado sénior da UVigo

Exercer de embaixadores e embaixadoras da ciencia e do coñecemento. Esa será a misión...

Caballero esixe á Xunta 9 millóns ao ano para Vigo por ser “a cidade máis importante de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiulle este martes á Xunta de Galicia que,...

O BNG leva á Valedora a negativa de Caballero a comparecer polo caso Saltamontes

O grupo municipal do BNG en Vigo presentou unha queixa ante a Valedora do...