InicioSociedadeO goberno de Vigo aproba o proxecto de reforma da rúa Pintor...

O goberno de Vigo aproba o proxecto de reforma da rúa Pintor Lugrís

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou este venres o proxecto de ‘humanización’ da rúa Pintor Lugrís, entre Álvaro Cunqueiro e López Moura, cuxas obras serán licitadas este verán, segundo avanzou o alcalde, Abel Caballero.

O proxecto, cun investimento de 1,6 millóns de euros, contempla a instalación de dúas ramplas eléctricas, ampliación de zona peonil, renovación de redes de saneamento e abastecemento, novas zonas axardinadas, e iluminación eficiente. “É unha humanización de altísimo nivel, con rampla mecánica para subir aquela costa que é imposible”, proclamou Abel Caballero.

Por outra banda, o alcalde tamén confirmou a aprobación da licitación das obras de reforma de bancada de Gol no estadio municipal de Balaídos. A obra licitarase por 25,5 millóns de euros, cofinanciados coa Deputación de Pontevedra.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...