InicioSociedadeO TSXG respalda á Cidade Deportiva do Celta desestimando o recurso dos...

O TSXG respalda á Cidade Deportiva do Celta desestimando o recurso dos comuneiros

Os comuneiros de Tameiga argumentaban que o proxecto do Celta non cumpría cos requisitos de interese autonómico, pero o TSXG falla en contra das súas reclamacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou un recurso contencioso administrativo presentado pola Comunidade de Montes de Tameiga en Mos, contra o acordo do Consello da Xunta que aprobou a declaración de interese autonómico do proxecto ‘Factoría do Deporte Galego-Galicia Sport 360’, promovido polo Real Club Celta.

Tal e como se recolle na sentenza, do 6 de xuño pasado, os comuneiros alegaban que o desenvolvemento urbanístico da cidade deportiva do Celta estivera trufado de irregularidades e que, para levalo adiante, primeiro tentouse unha modificación puntual da PXOM de Mos, e logo acudiuse á vía da declaración de interese autonómico. Así mesmo, apuntaron que varias das obras levadas a cabo fixéronse baixo licenzas declaradas logo ilegais. Igualmente, explicaban no seu recurso que o proxecto non cumpre os requisitos para ser declarado de interese autonómico, que non ten incidencia supramunicipal, que se obviaron os danos ás captacións de augas, ou que non había unha análise da súa sustentabilidade económica, entre outros argumentos.

O alto tribunal galego desestimou as pretensións dos recorrentes ao considerar que a declaración de interese autonómico (DIA) non certifica a legalidade do proxecto senón a existencia dun interese autonómico que xustifica a súa tramitación.

Por outra banda, sinala que a legalidade das obras realizadas con licenzas anuladas xa foi restablecida coa aprobación dun Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións; e que a Xunta non utilizou a DIA, como acusan os Comuneiros, para “premiar” a quen actuaron pola vía dos feitos. En canto ao resto de consideracións, o tribunal expón que non se acreditou o dano ás captacións de augas e que, esa afección, será en todo caso analizada no proceso de tramitación do Proxecto de Interese Autonómico (PIA).

ÚLTIMAS

A prisión os tres cidadáns de orixe turca acusados de ter secuestrado a un home holandés no barrio de Teis

Tres cidadáns de orixe turca foron detidos este venres acusados de secuestrar a unha...

Unha empresa de acompañamento trasladará ao septuaxenario desaparecido en Vigo que foi localizado en Portugal

Unha empresa de acompañamento será a encargada de trasladar á residencia de maiores da...

Dous empresarios de Vigo enfróntanse a dous anos de prisión e multa pola venda de produtos electrónicos falsificados

Dous empresarios de Vigo enfróntanse a dous anos de prisión cada un e a...

Atenden a unha muller que sufriu unha crise de ansiedade tras calcinarse a cociña da súa vivenda na rúa Fotógrafo Luís Casado

Unha muller tivo que ser antendida polos profesionais sanitarios ao sufrir unha crise de...