InicioEconomíaA Zona Franca de Vigo ofrece financiamento para unha nova ampliación do...

A Zona Franca de Vigo ofrece financiamento para unha nova ampliación do Ifevi e consolidar Conxemar

"Nós non teriamos ningún problema en facer ese investimento de 16 millóns no recinto feiral", reivindicou o delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, suxeriu este mércores que a entidade podería financiar unha nova ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para consolidar a Feira de Produtos do Mar Conxelados Conxemar “10 anos máis”.

Así o sinalou na rolda de prensa de presentación do Informe Sectorial da Industria e Comercialización de Produtos Pesqueiros en España, elaborado polo servizo de estudos Ardán e por Conxemar.

Alí, Regades ofreceu o financiamento de Zona Franca para levar a cabo esta ampliación que solicita a organización da feira. Segundo el, custaría uns 16 millóns de euros, que podería custear o Consorcio a cambio pasar a formar parte do Padroado do Ifevi.

“Nós non teriamos ningún problema en facer ese investimento de 16 millóns no recinto feiral”, reivindicou Regades, asegurando que o Consorcio de Barcelona si forma parte da Fira da cidade e é algo “positivo”.

“Pómonos a disposición do resto de administracións”, engadiu, pondo en valor o que supón a feira de Conxemar para a cidade e o impacto que xera.

Pola súa banda, o presidente de Conxemar, Eloy García, insistiu na necesidade de “remar todos xuntos” e de ampliar o Ifevi para poder seguir crecendo. Ante as críticas que aseguran que o resto do ano os pavillóns estarían pechados sen actividade, el dixo que se en poucos días xéranse 1.000 millóns de euros, o investimento está amortizada aínda que non se use o resto do ano.

Ademais disto, tamén pediu, por exemplo, aos hoteis da cidade que non aproveiten as datas da feira para subir de forma exponencial os prezos, apuntando a que moitos visitantes ven obrigados a pasar a noite na cidade porque non hai voos de ida e volta á maioría de cidades europeas. Este punto, o do aeroporto de Peinador, é outro dos que tocou, pedindo unha mellora que permita máis conexións.

García insistiu en que Conxemar “debe estar en Vigo”, polo peso que ten o sector en Galicia, pero pide máis apoio para que poida seguir sendo así.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...