InicioSociedadeInvestigan un lume que queimou catro vehículos dunha compravenda da cidade ao...

Investigan un lume que queimou catro vehículos dunha compravenda da cidade ao achar indicios de ser intencionado

Foi o responsable do servizo de prevención de incendios o que explicou que "todo parecía indicar" que se trataba duns feitos intencionados, xa que había varios focos de inicio en lugares distanciados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os corpos de seguridade investigan un lume que queimou catro vehículos dunha compravenda de Vigo ao achar indicios de ser intencionado. Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron minutos antes das 01.00 horas da madrugada deste luns na parte exterior dun local de compravenda de coches situado na rúa Anxo de Lema e Mariña.

Cando chegaron os axentes, os bombeiros xa lograran sufocar o lume, que danou a catro turismos. Foi o responsable do servizo de prevención de incendios o que explicou que “todo parecía indicar” que se trataba duns feitos intencionados, xa que había varios focos de inicio en lugares distanciados. Por iso, deuse aviso á Policía Nacional, que se fixo cargo da investigación. O propietario da empresa confirmou a súa intención de presentar denuncia.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...