InicioSociedadeBaixa por accidente laboral tras sufrir un ictus a raíz dunha discusión...

Baixa por accidente laboral tras sufrir un ictus a raíz dunha discusión co seu xefe

O TSXG confirma a necesidade de que a baixa na que se atopa a muller sexa considerada laboral e non por continxencias comúns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou unha sentenza do xulgado do Social 2 de Vigo na que se recoñece como accidente laboral o ictus que sufriu unha perruqueira tras manter unha discusión co seu xefe. Segundo o fallo, os feitos remóntanse ao 30 de outubro de 2021, cando, tras manter unha discusión co seu xefe, a muller “notou como se lle puña o brazo e a perna ríxidos”.

Ausentouse entón do seu lugar de traballo e chamou ao seu pai para que a acompañase ao centro de saúde, onde foi diagnosticada, en principio, dun cadro de ansiedade, e foi remitida á súa casa. Como os síntomas persistían, dirixiuse a Urxencias, onde foi diagnosticada dun ictus hemorráxico de etioloxía hipertensiva.

A pesares de que no auto recoñécese que a muller fuma desde os 16 anos e ten antecedentes por hipertensión, o tribunal constata que “todos os datos” ofrecen “a certeza” de que o ictus se orixinou no lugar e tempo de traballo, motivado pola tensión “tras unha discusión”. Por iso, confirma a necesidade de que a baixa na que se atopa a muller sexa considerada laboral e non por continxencias comúns.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...