InicioSociedadeAs listas de agarda en cirurxía seguen subindo na área de Vigo

As listas de agarda en cirurxía seguen subindo na área de Vigo

No que respecta ao Hospital Povisa de Vigo, a espera media reduciuse en máis de cinco días, ata os 60,9 de media a peche de 2023

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área sanitaria da Coruña-Cee foi, a peche de 2023, a que contaba coa maior espera media de toda Galicia para unha cirurxía, con 81 días, practicamente unha semana máis que a mediados do mesmo ano. No lado oposto situábase a de Lugo-A Mariña-Monforte, que se consolida como a de menor demora con 50,3 días de media, aínda que tamén empeora en dous días.

Segundo cifras que publicou nas últimas horas a Consellería de Sanidade, a espera media para unha operación no Servizo Galego de Saúde (Sergas) –quitando o concerto do Hospital Povisa de Vigo– sitúase nos 67,9 días –dous días máis que a mediados de 2023–, con 31.483 pacientes pendentes dunha intervención.

Sanidade deu a coñecer as cifras de listas de espera por área, que sitúa por encima da media á da Coruña-Cee. Tamén superan o dato galego as áreas de Santiago-Barbanza pero é a única que consegue reducilo a unha demora media de 69,1 días, oito menos que a 30 de xuño de 2023; e a de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con 70,1 días, tres máis que seis meses atrás.

A seguinte, aínda que xa por baixo da cifra xeral do Sergas, é a de Vigo, con 64,4 días (+0,5 días), e séguelle a de Pontevedra-O Salnés con 63,6 días de espera, un aumento duns 14 con respecto ao dato do 30 de xuño. Finalmente, as que menos demora para unha cirurxía rexistraban a 31 de decembro, aínda que tamén cun empeoramento, son a de Ferrol, con 56,9 días (+8,5), e a de Lugo-A Mariña-Monforte, con 50,3 días (+1,9). No que respecta ao Hospital Povisa de Vigo, a espera media reduciuse en máis de cinco días, ata os 60,9 de media a peche de 2023.

ESPERA DE 73,4 DÍAS PARA CONSULTA

En canto á lista de espera para unha consulta cun especialista, a media de todo o Sergas creceu en algo máis de 10 días con respecto a xuño. Así, a peche de 2023 situouse en 73,4 días, de acordo cos mesmos datos de Sanidade. Neste caso, destaca o aumento da demora media na área de Ourense ata os 130,1 días de media para ter unha consulta externa. Séguelle a de Lugo pero a unha distancia notable, con 86,7 días de media.

Así mesmo, a área de Santiago notifica 63,9 días de espera para ver a un especialista, seguida de Pontevedra (58,2 días), Ferrol (56,5), Vigo (49,8) e A Coruña (49,5).

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...