InicioSociedadeEntradas para o Galicia-Panamá se doas sangue

Entradas para o Galicia-Panamá se doas sangue

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Real Federación Galega de Fútbol volverán desenvolver unha iniciativa conxunta ao longo da presente xornada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Real Federación Galega de Fútbol volverán desenvolver unha iniciativa conxunta ao longo da presente xornada. A mesma consistirá no desprazamento dunha unidade móbil de doazón de sangue ata as proximidades das oficinas da Federación en Vigo, na rúa Manuel de Castro.

Para fomentar a participación, ADOS agasallará a todas as persoas que doen cunha camiseta e, pola súa banda, a Real Federación Galega de Fútbol obsequiará a todos os doantes cunha entrada para presenciar o encontro que a selección galega absoluta masculina disputará o venres 31 de maio, no estadio de Balaídos, fronte á selección de Panamá. O horario de atención aos doantes na unidade móbil da Axencia será das 15.30 ás 21.00 horas de hoxe, segundo explican nun comunicado.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...