InicioSociedadeVeciños de Teis critican a "falta de xestión" do Concello de Vigo...

Veciños de Teis critican a “falta de xestión” do Concello de Vigo tras dous anos do incendio na piscina

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Veciños de Teis lamentou que, tras pasar xa dous anos do incendio, o barrio continúa sen piscina municipal, criticando a “falta de capacidade de xestión” do Concello de Vigo. Nun comunicado, a organización explicou que o peche deste vaso obriga aos 1.500 usuarios das instalacións a desprazarse a outros barrios, afectando tamén as actividades extraescolares dos centros educativos.

Os veciños lembraron que en agosto de 2023, o alcalde, Abel Caballero, anunciou que comezara o proceso de reconstrución da pistica. “Nove meses despois, non se elaborou nin o proxecto de reconstrución”, reprocharon, lamentando que tampouco será este ano cando se realice a obra. A Asociación pediu que se recupere a piscina da ETEA, que foi cuberta polo goberno local en 2017, e que se inclúa a construción dun ximnasio e de pistas de pádel.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...