InicioSociedadeUrbanismo executará medidas urxentes de seguridade no edificio no que morreu o...

Urbanismo executará medidas urxentes de seguridade no edificio no que morreu o bombeiro o pasado sábado

O goberno local matiza que non había expediente aberto nin avisos por problemas de seguridade ou incidencias no inmoble.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Concello de Vigo confirmou este luns a execución de medidas urxentes para garantir a seguridade e evitar riscos no inmoble situado no 127 da Avenida de Beiramar, onde o pasado sábado faleceu un bombeiro sepulto por parte da estrutura, cando participaba nun operativo de inspección do edificio. A concelleira de Urbanismo, María José Caride, nunhas declaracións remitidas aos medios e tras expresar as súas condolencias á familia e compañeiros de Sergio S.D., explicou que este inmoble non contaba con expedientes abertos neste departamento nin con avisos de incidencias ou problemas de seguridade.

De feito, sinalaron fontes municipais, o operativo de inspección levado a cabo pola dotación do parque de bombeiros de Coruxo (con 6 efectivos) realizouse debido a un aviso dun particular, que observou desprendementos no edificio. María José Caride explicou que, a día de hoxe, o inmoble segue presentando risco de caída de elementos, polo que este mesmo martes o Concello procederá, de forma subsidiaria e urxente, acometerá as medidas necesarias para garantir a seguridade e evitar riscos para os edificios lindeiros ou para as persoas que poidan transitar pola zona.

INFORMACIÓN AO XULGADO E Á PROPIEDADE

Igualmente, o Concello procederá á retirada dos cascallos que quedaron no canellón anexo ao edificio sinistrado, para facilitar o paso a unha empresa situada á beira. Por outra banda, confirmou a concelleira, darase traslado ao xulgado destas actuacións. Finalmente, Caride informou de que o Concello contactará coa propiedade do inmoble para que acometa as medidas necesarias, tanto para informar da situación do edificio como para garantir a seguridade, e deberá facerse cargo dos custos das medidas urxentes que levarán a cabo.

ÚLTIMAS

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Stellantis Vigo volve apelar á “flexibilidade” e redución de custos ante a competencia “desapiadada”

O director de Stellantis Vigo, José Luís Alonso Mosquera, apelou este venres á "flexibilidade"...

O financiamento de ‘Peiraos do Solpor’ enfronta a Caballero e Autoridade Portuaria, que se piden mutuamente “lealdade institucional”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu novamente este xoves contra o Porto olívico, ao que...

Carla Simón desenterra en Cannes os recordos dunha xeración “perdida” pola sida co filme ‘Romería’, rodada en Vigo

A cineasta Carla Simón desenterrou no Festival de Cannes os recordos da xeración dos...