InicioSociedadeDous anos de cárcere por facer tocamentos a unha muller nun coche...

Dous anos de cárcere por facer tocamentos a unha muller nun coche en Redondela

A Fiscalía sinala que o procesado, "con ánimo libidinoso", puxo a súa man sobre a pube da muller, que reaccionou virándose e dándolle as costas. Momentos despois, o home insistiu e volveu tocala nas súas partes íntimas, apartando as bragas e fregándolle o clítoris.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, que foi xulgado este martes na sala do Penal 2 de Vigo, enfróntase a 2 anos de prisión por un delito de abuso sexual, por uns supostos tocamentos a unha muller nun coche que se atopaba nun aparcadoiro en Redondela. Segundo o escrito de acusación pública, os feitos ocorreron á primeira hora da mañá do 12 de setembro de 2021, cando o procesado se atopaba no interior do seu coche, estacionado nunha zona de aparcadoiro de Redondela. O acusado estaba en compañía da vítima, que estaba a durmir ao seu lado, no vehículo, en bragas e camiseta, sobre un colchón colocado na parte de atrás.

A Fiscalía sinala que o procesado, “con ánimo libidinoso”, puxo a súa man sobre a pube da muller, que reaccionou virándose e dándolle as costas. Momentos despois, o home insistiu e volveu tocala nas súas partes íntimas, apartando as bragas e fregándolle o clítoris. A muller espertouse e, sen ser capaz de reaccionar, quedou quieta cos ollos pechados, ata que uns minutos despois abriunos e virouse, para pór fin aos tocamentos. Como consecuencia da conduta do acusado, a muller sufriu un trastorno de tensión aguda con síntomas ansiosos, e outros problemas polos que tivo que estar a tratamento psicolóxico.

Por estes feitos, a Fiscalía atribúe ao home un delito de abuso sexual e pide que sexa condenado a dous anos de cárcere, e que se lle inhabilite para calquera profesión ou actividade que leve contacto con menores durante 4 anos. En concepto de responsabilidade civil, pide que pague á vítima 5.000 euros por danos morais.

ABUSO A MENOR

Por outra banda, este martes a sección quinta de Audiencia Provincia de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou un xuízo a porta pechada contra un home acusado dun delito de abuso sexual con penetración cometido sobre unha menor de idade. Os feitos ocorreron en xuño de 2022, na residencia do acusado, e a Fiscalía pedía inicialmente para el 9 anos de cárcere, ademais da prohibición de comunicarse ou achegarse á vítima durante 10 anos. Finalmente, o Ministerio Público rebaixou a súa petición de pena a 3 anos de prisión, ao retirar a cualificación do delito con penetración. Pola súa banda, a defensa solicitou a libre absolución.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...