InicioSociedadeO Marisquiño repetirá Samil como localización principal, pero non contará coa proba...

O Marisquiño repetirá Samil como localización principal, pero non contará coa proba do Dirt Jump

Contará coa presenza de deportistas que participarán nos Xogos Olímpicos de París 2024.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O festival O Marisquiño repetirá a contorna da praia de Samil de Vigo como localización principal para a súa XXIV edición e contará coa presenza de deportistas que participarán nos Xogos Olímpicos de París 2024, aínda que nesta ocasión non se celebrará a proba do Dirt Jump. 

Así o anunciou este martes a organización do evento, que se desenvolverá entre o 8 e o 11 de agosto, reivindicando que a coincidencia de datas de ambos os acontecementos non será un obstáculo para que algúns destes profesionais compitan na cidade olívica días despois de facelo nas olimpíadas.

A pesar de todo, víronse obrigados a non contar coa proba do Dirt Jump no seu programa, debido a que os cambios no calendario deseñado polo FMB World Tour para 2024 (que favorecen a Canadá situando 3 probas de máxima puntuación nese país entre o 27 de xullo e o 10 de Agosto) “impiden garantir que O Marisquiño poida contar con figuras mundiais de primeira orde desta disciplina”.

“Por iso o festival decidiu renunciar este ano á proba e centrar os seus esforzos en conseguir o seu regreso para a celebración do 25 aniversario, coa presenza novamente de grandes estrelas mundiais da disciplina, como foi habitual nas últimas edicións”, reivindicaron desde a organización, que xa negocia coa FMB para que esta situación non se repita.

Unha vez máis, O Marisquiño volverá contar con catro días de actividade que arrincarán o xoves 8 co Family Day, que permitirá a decenas de nenos e mozos da cidade e a visitantes gozar dunha xornada de obradoiros para coñecer máis de preto a súa disciplina deportiva urbana favorita.

ÚLTIMAS

“O Concello aínda ten moitos deberes”: o PP esixe a Caballero os proxectos completos do Mundial 2030

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...

Salvan a vida dun estibador que sufriu unha parada cardíaca nun barco en Vigo: varias descargas dun desfibrilador lograron recuperar o seu pulso

Nunha parada cardíaca, os primeiros minutos poden marcar a diferenza entre a vida e...

Vigo cruza peticións de dimisión: o PP reclama cesar a Pardo e o PSOE apunta a tres conselleiros da Xunta

O futuro do transporte público de Vigo converteuse nun novo motivo de confrontación entre...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...