InicioSociedadeAbel Caballero ve no novo expediente da UE "a gran ocasión" para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

No caso de Vigo, lamentou que estea "illada" de Pontevedra, a pesar de formar parte dunha mesma gran área urbana, debida a este viario de pago.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE notificou a España pola prórroga da concesión da AP-9 como unha “gran ocasión” para implantar a gratuidade total nesta autoestrada. Así o trasladou nunhas declaracións remitidas aos medios, nas que o rexedor olívico lembrou que a prórroga da concesión da AP-9 a Audasa ata 2048 foi un acordo dun goberno do PP presidido por José María Aznar. “Como consecuencia daquela terriblemente nefasta decisión, seguimos pagando a autoestrada”, subliñou Caballero, que engadiu que, cada vez que goberna o PSOE, aplícanse descontos, bonificacións e melloras.

Con todo, a apertura deste novo expediente é para o alcalde “a gran ocasión”, polo que trasladou a súa demanda de que a AP-9 sexa gratis “para toda Galicia”. No caso de Vigo, lamentou que estea “illada” de Pontevedra, a pesar de formar parte dunha mesma gran área urbana, debida a este viario de pago. “Non pode suceder que en calquera viaxe entre o Norte e o Sur de Galicia haxa que pagar unha autoestrada carísima”, proclamou. Por iso, aínda que quixo recoñecer “os esforzos” do actual Goberno de España, insistiu en que “a vía é a gratuidade da autoestrada para toda Galicia”.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...