InicioSociedadeO bus urbano alcanzan unha operatividade do 98 % en días laborables...

O bus urbano alcanzan unha operatividade do 98 % en días laborables tras o fin da folga, segundo Vitrasa

PUBLICADO O

- Advertisement -

O servizo de bus urbano de Vigo recupera a normalidade tras máis de 3 meses de folga indefinida e, a día de hoxe, a actividade en días laborables xa alcanza o 98 %, segundo informou a concesionaria, Vitrasa.

O pasado 11 de marzo deuse por finalizado o paro, aínda que as negociacións para un novo convenio non acabaron, e desde entón foronse repondo os servizos paulatinamente, segundo explicou a empresa, que sinalou que espera restablecer “o máis axiña posible” as rutas e horarios das 37 liñas que hai en Vigo.

Segundo informou Vitrasa, nestes momentos “só faltan por completar as liñas L18 (Areal/Colón-Sárdoma/Pouleira) e a H3 (García Barbón-Hospital Álvaro Cunqueiro) en días laborables. En sábado, o servizo está “recuperado ao 91 %” e en domingos chega ata o 90 %.

A concesionaria sinalou tamén que, actualmente, “hai 64 condutores de baixa” e estanse realizando “todos os esforzos posibles” para contratar choferes, tendo en conta a dificultade de atopar este tipo de perfil profesional no mercado laboral. A información sobre liñas e horarios pode consultarse na web www.vitrasa.es, nos perfís da compañía en redes sociais, na aplicación Vigo App e nos teléfonos de atención ao viaxeiro, 986 29 16 00 e 986 20 74 74.

ÚLTIMAS

Un motorista morre nun accidente na Avenida do Aeroporto de Vigo

Un motorista faleceu na noite deste mércores en Vigo despois de sufrir un accidente...

Unha avaría eléctrica deixa sen luz uns 3.500 usuarios en Vigo

Unha avaría nunha liña eléctrica subterránea de media tensión provocou este xoves cortes na...

Aprazan o Celta-Osasuna ao 27 de agosto e levanta rebumbio

O RC Celta de Vigo informou do adiamento do seu partido ante o CA...

Falece un motorista nunha rotonda da Avenida do Aeroporto en Vigo

Un motorista perdeu a vida na noite deste pasado mércores en Vigo tras sufrir...