InicioSociedadeO Banco de Alimentos de Vigo reparte menos comida que en 2022...

O Banco de Alimentos de Vigo reparte menos comida que en 2022 pola inflacción e a caída de doazóns

Foron case dous millóns de quilos de comida os que se repartiron.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo repartiu máis de 1,9 millóns de quilos de comida en 2023, o que supón un 1,3% menos que un ano debido á inflación e o seu correspondente incremento do custo da cesta da compra e á caída das doazóns.

Tal como informou o organismo, a pesar desta “lixeira” baixada, púidose seguir facendo fronte ás necesidades das 153 organizacións non gobernamentais (ONG) e entidades homologadas coas que traballa.

En concreto, repartíronse 25.000 quilos de alimentos menos debido á inflación e a unha baixada xeneralizada das doazóns. “Pese ao complicado contexto económico, en 2023 destacaron pola súa importancia e esforzo a repartición de 588.506 litros de leite, 229.001 quilos de pasta/arroz, 271.858 quilos de conservas, 95.751 quilos de froita fresca e 46.336 quilos de peixe, entre outras partidas”, destacou Banco de Alimentos.

A organización reivindicou que en 2023 mantívose a loita contra o desperdicio alimentario, evitando que uns 300.000 quilos de comida acabasen sendo tirados. Na actualidade, conta con convenios de colaboración con empresas como Mercadona, El Corte Inglés, Carrefour, Alcampo, Coren ou Kentucky Fried Chicken, que doan produtos que requiren unha rápida clasificación e entrega. Non acontece iso con outras cadeas como Vegalsa-Eroski.

Os responsables de Banco de Alimentos de Vigo ven un 2024 “complicado”, xa que deixarán de percibir comida do Fondo Europeo de Axuda ás Persoas Máis Desfavorecidas (FEAD). En total, recibíronse máis de 460.000 quilos en dúas fases diferentes.

ÚLTIMAS

Foanpas entrega 7.000 firmas no Parlamento para esixir o fin das aulas segregadas en Galicia

A Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais (Foanpas) deu este luns un...

Conexións suspendidas e cambios de frecuencia na ría de Vigo polo temporal

As malas condicións meteorolóxicas, con aviso laranxa activado en todo o litoral, e aviso...

Vigo apaga os 12 millóns de LED do seu Nadal máis internacional cunha mensaxe de paz

A cidade de Vigo puxo fin este domingo, 11 de xaneiro, ao seu Nadal...

O TS recoñece o dereito á suba salarial para o persoal  empregado público a tres colectivos da UVigo

O TS recoñece o dereito á suba salarial para o persoal  empregado público dos...