InicioSociedadeO Parque Nacional das Illas Atlánticas volve bater a súa marca con...

O Parque Nacional das Illas Atlánticas volve bater a súa marca con máis de medio millón de visitas en 2023

O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas volveu a bater a súa marca de afluencia en 2023, con case 515.000 visitantes. Este dato supón unha subida do 5 % respecto ao ano anterior, e reflicte un incremento en todos os arquipélagos, especialmente no caso das Cíes, que rexistraron máis de 343.000 visitas, dous terzos do total.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas volveu a bater a súa marca de afluencia en 2023, con case 515.000 visitantes. Este dato supón unha subida do 5 % respecto ao ano anterior, e reflicte un incremento en todos os arquipélagos, especialmente no caso das Cíes, que rexistraron máis de 343.000 visitas, dous terzos do total.

Segundo trasladou a Xunta a través dun comunicado, a contribución e “o bo traballo das empresas e responsables do parque” fixeron que este se consolide como un destino natural “de referencia para aqueles que buscan conectar coa natureza”. Pola súa banda, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, destacou que o parque nacional no seu conxunto ofrece “unha experiencia única nun espazo privilexiado do mundo”, sinónimo de calidade e respecto á contorna.

CARTA EUROPEA DE TURISMO SUSTENTABLE

Ademais, un total de 26 empresas que operan neste espazo renovaron (13) ou recibiron por primeira vez (outras 13) a adhesión á Carta Europea de Turismo Sustentable, coa que se comprometen cun turismo de calidade, responsable e sustentable, e co futuro do parque, que conta con esta acreditación desde 2015.

Estes certificados entregados por Europarc están destinados a espazos naturais protexidos e os actores da súa contorna comprometidos co turismo sustentable. As entidades seleccionadas deben superar un proceso formativo de seis meses que inclúe un diagnóstico da súa actividade, a implantación de medidas para mellorar o seu traballo e conectalo co espazo protexido, visitas aos establecementos e unha auditoría ambiental.

Así, as firmas adheridas á Carta Europea, entre as que se atopan algunhas de turismo náutico, cámpings e turismo guiado, entre outras, convértense en embaixadoras do turismo sustentable ao satisfacer as necesidades de visitantes, empresas e poboacións locais sen danar o medio ambiente.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...