InicioSociedadeA CIG chama ás mulleres da área de Vigo a "tomar as...

A CIG chama ás mulleres da área de Vigo a “tomar as rúas” ao berro de ‘Stop precariedade. Traballo digno e igualdade’

Este ano, as reivindicacións porán tamén o foco na precariedade laboral que afecta as mulleres "como consecuencia da discriminación histórica" que padecen por parte do "sistema patriarcal".

PUBLICADO O

- Advertisement -

CIG presentou este luns en Vigo as mobilizacións convocadas en diferentes localidades da comarca con motivo do 8M, e chamou ás mulleres a “tomar as rúas” ao berro de ‘Stop precariedade. Traballo digno e igualdade’. A central nacionalista convocou 12 mobilizacións en Galicia para esa data e, na área viguesa, haberá manifestacións na cidade olívica (saída desde o cruzamento da Dobrada ás 11.30 horas), Cangas (ás 11.30 horas na Capela do Hospital) e A Guarda (Praza As de Copas, ás 11.30 horas), segundo explicou en rolda de prensa a secretaria comarcal de Mulleres de CIG-Vigo, Ester Mariño.

Este ano, as reivindicacións porán tamén o foco na precariedade laboral que afecta as mulleres “como consecuencia da discriminación histórica” que padecen por parte do “sistema patriarcal”. Segundo apuntou Ester Mariño, segundo o último informe sobre a situación sociolaboral das mulleres elaborado pola CIG, a tendencia de redución da fenda salarial dos últimos anos reverteuse e os datos de 2022 mostran un crecemento desa fenda con respecto a 2021. Así, as mulleres ingresaron de media 4.519 euros anuais menos que os homes, unha cantidade que cobra aínda máis importancia se se ten en conta que, con carácter xeral, a poboación feminina ten salarios máis baixos.

As diferenzas tamén afectan ao tipo de contratos, con menos contratos indefinidos para elas, e máis contratación a tempo parcial. Segundo a responsable de Muller de CIG Vigo, “esta precarización das condicións de traballo das mulleres ten que ver coas últimas reformas laborais” aplicadas mesmo por “gobernos que se din feministas”.

OUTRAS “DISCRIMINACIÓNS HISTÓRICAS”

A isto súmanse outras discriminacións “históricas” como o chamado ‘teito de cristal’, a segregación ocupacional, ou o uso dos dereitos de conciliación, que acaban tendo o seu reflexo nunha importante fenda nas pensións. Por todo isto, e ante “a frustración de ver como o auxe e a socialización do discurso feminista non tivo impacto directo na mellora das condicións de traballo e na vida das mulleres”, a CIG fixo un chamamento a saír á rúa o 8 de marzo. O sindicato subliñou a necesidade de reclamar o fin das desigualdades, a revalorización dos traballos de coidados, o fin da segregación, o fin da parcialidade ou as medidas para garantir o dereito de conciliación”.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...