InicioSociedadeA Policía Nacional de Vigo organiza unha recollida de roupa, alimentos e...

A Policía Nacional de Vigo organiza unha recollida de roupa, alimentos e xoguetes para persoas desfavorecidas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Policía Nacional, dentro da súa campaña de colaboracións con institucións solidarias, organizou unha recollida de roupa, alimentos, xoguetes e bens de primeira necesidade para persoas desfavorecidas. O centro de recollida situouse na comisaría de Álvaro Cunqueiro. Esta operación, tal e como explican nun comunicado, lévase a cabo desde fai dez anos, cando se lle chamou ‘Operación potito’“xa que se detectou unha especial demanda deste produto”.

Desde entón, apuntan, se foi ampliando ano a ano, o catálogo de efectos a doar, en consonancia coas necesidaes das persoas máis desfavorecidas. Todos os efectos recolleitos foron entregados á Sociedade de San Vicente de Paúl, organización de carácter humanitario e benéfico social con sede en Vigo. Á entrega acudiron o presidente da sociedade, Rafael Martínez, e o Xefe das dependencias, o Comisario Ramiro José Gómez García, así como os funcionarios encargados da recollida das doazóns.

ÚLTIMAS

Aprazado ata abril o xuízo polo alixo de 3.000 quilos de cocaína no buque ‘Simione’

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou suspender...

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...