InicioSociedadeA Xunta resalta a conserva de Navalla das Illas Cíes como modelo...

A Xunta resalta a conserva de Navalla das Illas Cíes como modelo de revalorización do sector en Galicia

Supón máis do 23% dos ingresos da lonxa na localidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, resaltou este luns o valor da conserva Navalla das Illas Cíes, posta en marcha pola confraría de San Xosé de Cangas (Pontevedra), como modelo de revalorización dos produtos pesqueiros galegos. Este bivalvo supón máis do 23% dos ingresos da lonxa na localidade.

Villares, quen se reuniu cos profesionais do mar de Cangas, sinalou que o futuro do peixe e do marisco galego pasa pola “sustentabilidade” e a “comercialización” tal como o fui esta confraría con este e máis traballos de pesca artesanal e respectuosa co medioambiente –PescadeRías ou PescaenVerde–.

Así mesmo, o conselleiro sinalou que a pesca xera na economía galega un valor engadido bruto (VAB) 25 veces superior ao da Unión Europea e seis veces superior ao de España, polo que reclama “un maior rigor” á hora de realizar cambios normativos.

O titular do Mar tamén lamentou que o seu traballo “non sexa acompañado” por outras administracións, en relación ao recurso que o Goberno central presentou ao Tribunal Constitucional o pasado 10 de outubro porque a lei do litoral de Galicia “invade competencias estatais”.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...