InicioSociedadeAbel Caballero avanza que Xuíces para a Democracia planea celebrar o seu...

Abel Caballero avanza que Xuíces para a Democracia planea celebrar o seu congreso anual en Vigo

Trataríase do 38º Congreso Anual de Xuíces e Xuízas para a Democracia e, previsiblemente, levaríase a cabo no mes de xuño, como na maioría das edicións pasadas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que a Asociación de Xuíces e Xuízas para a Democracia planea celebrar o seu congreso anual na cidade olívica. Tras reunirse con representantes da devandita asociación, o rexedor olívico subliñou que a urbe estaría “encantada de recibilos”, aínda que foi prudente, indicando que aínda a decisión non está tomada.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, Caballero mostrouse “moi honrado” desta posibilidade, que está “practicamente decidida”, polo que subliñou que cooperará con Xuíces para a Democracia en todo o que sexa necesario. Trataríase do 38º Congreso Anual de Xuíces e Xuízas para a Democracia e, previsiblemente, levaríase a cabo no mes de xuño, como na maioría das edicións pasadas. En 2023 celebrouse entre o 15 e o 16 de xuño en Bilbao, mentres que en 2022 foi en Las Palmas de Gran Canaria o 2 e 3 dese mes.

ÚLTIMAS

O TSXG dá a razón ao Concello de Vigo no caso do concerto de Guns N’ Roses e evítalle pagar 1,5 millóns á promotora

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso presentado polo Concello...

Caballero carga contra Rueda polo ‘non’ á Facultade de Medicina en Vigo: “Defende un privilexio feudal”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu arremeter este luns contra o presidente da...

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...