InicioSociedadeAberto o prazo para inscribirse nas rutas de avistamento de aves que...

Aberto o prazo para inscribirse nas rutas de avistamento de aves que terán lugar o domingo 14 de xaneiro en Nigrán

Hai 25 prazas dispoñibles e cada participante pode anotarse con tres acompañantes máis.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Deputación de Pontevedra abriu este mércores, e ata o 12 de xaneiro, a inscrición para participar na primeira das rutas ornitolóxicas que organiza este ano, que se enmarcan dentro do programa ‘Voando nas Rías Baixas’ impulsado pola institución provincial da man de SEO/BirdLife.

Nesta ocasión, levaranse a cabo o domingo día 14 de xaneiro na Foz de Ramallosa e en Praia América, ambos no concello de Nigrán. Nun comunicado, a Deputación explicou que este espazo natural de Ramallosa forma parte da Rede Natura 2000 e trátase dun lugar de alto valor ecolóxico, “moi cómodo para a observación de aves polo preto que se poden avistar e polo confiadas que se mostran cara o ser humano“.

As persoas interesadas en participar poderán anotarse no formulario publicado na páxina web da Deputación. Hai 25 prazas dispoñibles e cada participante pode anotarse con tres acompañantes máis. O percorrido, con dous guías, inclúe autobús e prismáticos para visualizar as aves.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...