InicioSociedadePiden nove anos de cárcere para un vigués acusado de violar a...

Piden nove anos de cárcere para un vigués acusado de violar a unha menor coa que convivía

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía de Pontevedra pide 9 anos de prisión para un home acusado de violar a unha menor coa que convivía na súa vivenda familiar situada na cidade de Vigo. O xuízo está fixado na sección quinta da Audiencia de Pontevedra, con sede en Vigo, para o vindeiro martes. Os feitos, segundo o escrito fiscal, ocorreron no domicilio familiar no que ambos residían no mes de xuño de 2023. O procesado atópase en situación de prisión provisional por esta causa desde o 14 de xullo de 2023.

Ademais da pena de prisión, o Ministerio Público solicita que se inhabilite ao acusado para o exercicio dos dereitos de patria potestade, tutela ou acollemento durante catro anos, e que non poida desempeñar oficios ou actividades relacionadas con menores por cinco anos unha vez que recobre a liberdade. O Fiscal tamén considera que debe impórselle unha orde de afastamento de 300 metros e prohibición de comunicarse coa vítima durante cinco anos, tras a pena de prisión, e reclama para a menor unha indemnización de 9.000 euros polos danos morais causados.

ÚLTIMAS

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...

Sindicatos calculan un 20% de seguemento na quenda de noite de Stellantis Vigo

Datos desiguais sobre o seguimento da folga xeral deste mércores nas distintas compañías industriais...

Vigo e as pensións

POR ÓSCAR LOMBA, activista social e integrante de Podemos Defender as pensións públicas é defender...

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...