InicioSociedadeAbel Caballero apunta ao 23 de novembro para o aceso da iluminación...

Abel Caballero apunta ao 23 de novembro para o aceso da iluminación do Nadal, cunha árbore de “altura infinita”

Este ano o contrato adxudicouse tarde e a instalación comezou poucas semanas antes do aceso, cando outros anos se iniciaba en setembro ou mesmo en agosto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este martes que o acto de aceso da iluminación do Nadal na cidade terá lugar a semana que comeza o 20 de novembro, moi probablemente, o xoves 23. Así o trasladou en declaracións aos medios, durante un acto de inicio simbólico da instalación da iluminación, no que sinalou que, aínda que outros anos o aceso facíase un pouco antes, nesta ocasión quere ver “o efecto comparación”.

Segundo explicou, este ano quixo que outras cidades acendan primeiro as súas luces para “que despois se compare”, aínda que advertiu de que “non hai cor” e que “a comparación con Vigo é materialmente imposible”. Respecto diso, chanceou asegurando que a cidade olívica está “na liga” de cidades como Nova York, París, Londres ou Roma e engadiu: “O ano que vén se cadra deixamos entrar a Madrid nesa liga, pero ten que facer méritos”.

Abel Caballero lembrou que “o mellor Nadal do planeta” contará con 450 rúas iluminadas, miles de motivos ornamentais e 11,5 millóns de luces led. Con respecto ao abeto luminoso, e á ‘competición’ con outras cidades por ver cal loce a árbore máis alta, o alcalde matizou que a altura anunciada do abeto vigués, de 40,5 metros, era unha estimación, pero que pode ser máis alto.

“A árbore de Vigo é de altura infinita, porque Papá Noel e os Reis Meigos fíxanse na árbore de Vigo“, proclamou, e engadiu que o abeto vigués ten “un factor de calidade”, que non teñen outros, como o xogo de luces e son. O aceso das luces da cidade farase este ano uns días máis tarde e é probable que, cando teña lugar, non estean instalados todos os motivos lumínicos en todas as rúas de Vigo. De feito, este ano o contrato adxudicouse tarde e a instalación comezou poucas semanas antes do aceso, cando outros anos se iniciaba en setembro ou mesmo en agosto.

ÚLTIMAS

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

Armadores de Vigo ven “absolutamente insuficientes” as axudas para o sector pola crise de Oriente Medio

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) considera "absolutamente insuficientes"...

A Xunta cifra en 78 millóns de euros os investimentos autonómicos en Vigo “bloqueadas” polo goberno de Caballero

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, cifrou en 78 millóns de euros...

Trasladado a Vigo en helicóptero un mariñeiro ferido grave mentres faenaba a 100 millas de Cabo Vilán

Un mariñeiro tivo que ser trasladado a Vigo en helicóptero na noite deste pasado...