InicioRescatados cinco cachorros de can na Cañiza dentro do interior dun colector

Rescatados cinco cachorros de can na Cañiza dentro do interior dun colector

Brisa, Bimba, Lola, Sancho e Lucas, como foron bautizados, foron evacuados ao centro de acollida provincial, onde reciben os coidados necesarios para tratar de que salga adiante.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Persoal do centro de acollida e protección de animais da Deputación de Pontevedra rescatou a cinco cachorros de can que foran arroxados a un colector no municipio pontevedrés da Cañiza.

Os animais, tres femias e dous machos que tiñan só un día de vida, atópanse na área de maternidade do centro provincial da Armenteira “en relativo bo estado de saúde a pesar das circunstancias”, segundo informou a Deputación pontevedresa.

Os cachorros foron localizados por unha veciña o pasado sábado 30 de setembro nun colector da rúa Álvaro Cunqueiro. Persoal da deputación desprazouse ao lugar tras recibir o aviso da Garda Civil.

Brisa, Bimba, Lola, Sancho e Lucas, como foron bautizados, foron evacuados ao centro de acollida provincial, onde reciben os coidados necesarios para tratar de que salga adiante.

En caso de progresen de forma favorable, continuarán no centro ata completar o proceso e poder saír en adopción unha vez completen a pauta de vacinación.

ÚLTIMAS

O PP de Vigo tacha de “tomadura de pelo” os alugueiros de Casa47 pola falta de equipamento básico

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, tachou de "tomadura de pelo" o...

Fillas de Cassandra lanzará na primavera ‘Tertúlia’, o seu segundo disco

O dúo vigués Fillas de Cassandra anunciou que neste 2026 o grupo lanzará o...

Caballero anuncia outra obra “histórica”; a das novas ramplas da Gran Vía

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que este ano se iniciarán as obras...

O temporal provoca o atraque en Vigo dun gran portacontedores que sufriu un corremento de carga

O Porto de Vigo recibiu nas últimas horas ao buque portacontedores 'María Francisca', un...