InicioSucesosUnha veciña de Ponteareas acepta catro anos e medio de cárcere por...

Unha veciña de Ponteareas acepta catro anos e medio de cárcere por tentar matar o seu exmozo

Tamén se lle impuxo a prohibición de aproximarse e comunicarse coa vítima durante un ano superior á pena de prisión imposta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha veciña de Ponteareas aceptou catro anos e medio de cárcere por tentar matar o seu exmozo. Inicialmente, Fiscalía solicitaba once anos de prisión nun xuízo fixado para este xoves na sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Na aplicación da pena, tívose en conta a atenuante de alteración psíquica. Ademais, impúxoselle a prohibición de aproximarse e comunicarse coa vítima durante un ano superior á pena de prisión imposta.

Segundo o escrito do Ministerio Fiscal, a procesada mantivo unha relación sentimental coa vítima que finalizou a principios do mes de decembro de 2022. Nese momento, el comunicoulle o seu desexo de concluír a relación e a procesada non aceptou esta decisión, comezando a enviarlle “múltiples audios e mensaxes de texto” a través de WhatsApp para tratar de “mover a súa vontade e lograr que este retomase a relación sentimental con ela”.

Nestas mensaxes, continúa Fiscalía, a procesada díxolle á súa parella que “do amor ao odio hai un paso” e que “se preparase, que o que viría sería moi caro”.

Así, o día 26 de decembro, a acusada presentouse no domicilio da vítima co pretexto de manter unha conversación en persoa sobre a súa situación sentimental. Unha vez na súa vivenda, afirma o escrito de Fiscalía, a procesada preguntoulle se volvería con ela, ao que el contestou cunha negativa.

A continuación, “coa escusa de coller un vaso de auga”, ela acudiu á cociña e colleu un coitelo cunha folla de 10 centímetros que “escondeu cando entrou de novo no salón”, onde se atopaba a vítima vendo a televisión.

Deste xeito, a acusada, “con ánimo de causarlle a morte e aproveitando que el non lle prestaba atención nese momento”, extraeu o coitelo e cortoulle a caluga “de lado a lado”.

Ao sentir o corte, explica o Ministerio Fiscal, a vítima incorporouse e “se volteó cara á procesada”, que “ao non poder continuar cortando o pescozo” comezou a lanzarlle o coitelo “en dirección ao peito coa intención de cravarllo e causarlle a morte”.

ÚLTIMAS

Falece un tripulante ao caer ao mar tras chocar a súa embarcación contra as bateas en Redondela

Un tripulante dunha embarcación de recreo que navegaba pola ría de Vigo na zona...

O PP de Vigo levará ao pleno a imputación da concelleira de Seguridade polo accidente do Saltamontes

A presidenta do PP e portavoz do grupo municipal 'popular' de Vigo, Luisa Sánchez,...

Un ferido tras envorcar co seu coche na avenida Arquitecto Antonio Palacios en Vigo

Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns en Vigo tras envorcar o seu...

Confirman a ocupación do castro das Hortas nas illas Cíes

A segunda campaña arqueolóxica no castro das Hortas, nas illas Cíes, confirmou que a...