InicioSociedadeO presidente do Movemento Veciñal de España pide a Caballero un local...

O presidente do Movemento Veciñal de España pide a Caballero un local para a Favec: “Todos queremos unha árbore de Nadal bonita, pero hai problemas máis serios”

A Federación viguesa insiste en que "non está en contra do goberno local" e que só reclama "dereitos para os cidadáns".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Confederación Estatal de Asociacións Veciñais (CEAV), Julio Molina Barthe, pediu este mércores ao alcalde, Abel Caballero, que busque un novo local para a Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao (Favec), que foi desaloxada do seu anterior inmoble hai xa dous anos. Na súa visita a Vigo, na que se reuniu con representantes da Favec, Molina lamentou a situación que vive a asociación, pondo o foco en que o único obxectivo da mesma é mellorar a vida dos veciños e reivindicar as súas demandas.

“Non é normal que non teña local a Federación. Non ten sentido. As administracións sábeno dabondo”, indicou, engadindo que “falando enténdese a xente” e que o rexedor olívico, que ten maioría absoluta, debería solucionar o problema e facilitar un novo local, despois de que o Concello desaloxase á Favec das súas anteriores instalacións. E subliñou que agora, cando xa se comeza a falar das luces de Nadal, Caballero, que ademais é aínda o presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), debería prestar máis atención aos problemas das persoas.

Todos queremos ter unha árbore de Nadal bonita nas nosas cidades, pero hai problemas máis serios, máis importantes, como os servizos sociais ou a vivenda pública”, lembrou. O tamén presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Badalona pediu a Caballero que deixe de competir co rexedor da súa cidade, Xavier García Albiol, por ver quen pon a árbore máis grande e mostrou a súa intención de hermanar as dúas asociacións de veciños.

“SITUACIÓN CRÍTICA”

Ao encontro desta tarde en Vigo tamén acudiu a vicesecretaria nacional de CEAV, María José Villamarín Santomé, que, como “viguesa de adopción”, agradeceu a visita de Molina á urbe olívica e referiuse á “situación crítica” que vive a Favec. “As administracións teñen que estar para atender as demandas das persoas, do cidadán do montón, dos veciños. Esa ten que ser realmente a súa máxima”, destacou.

Pola súa banda, a presidenta da Favec, María Pérez, reivindicou que a federación non vai desaparecer “por moito que lle quiten o local”, lembrando que tiveron que trasladar a súa actividade aos centros de asociacións de veciños como a de Lavadores ou Coia. “Non se pode facer o que están a facer á Federación de Vigo só por discrepar. Non estamos contra ninguén, nin contra o goberno municipal.

Só reclamamos dereitos para os veciños”, subliñou Pérez, pondo en valor a importancia do organismo para axudar aos cidadáns con menos recursos. Así, criticou o “veto” non só do Concello, senón da Deputación, coa que espera unha mellor relación agora co cambio de goberno. Ela agradeceu o apoio de Molina e insistiu en pedir un novo local.

ÚLTIMAS

A parella interceptada en Nigrán con 20 quilos de heroína no seu coche acepta 6 anos de prisión

A parella interceptada en abril de 2023 en Nigrán (Pontevedra) cun cargamento de máis...

Confirman a condena a Hugo Mallo por abuso sexual á muller que facía de mascota do Espanyol

A Audiencia de Barcelona confirmou a condena ao futbolista Hugo Mallo por realizar tocamentos a unha...

Os sospeitosos de apoiar a unha banda de atracadores que actuaba en Portugal foron detidos en Vigo, Redondela e Pazos

Os catro sospeitosos de colaborar dando apoio loxístico a un grupo de atracadores que...

A Cooperativa de Armadores de Vigo cumpre 60 anos e reafirma o seu compromiso coa pesca sustentable

A Cooperativa de Armadores de Vigo, ARVI, celebrou este xoves cun acto os seus...