InicioSociedadeO Concello fixa agora "en tres meses" a aprobación da PXOM e...

O Concello fixa agora “en tres meses” a aprobación da PXOM e defende manter a ordenación provisional

O goberno municipal de Vigo fixou este martes "en tres meses" o prazo de aprobación provisional do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, xusto unha semana despois de que o alcalde, Abel Caballero, anunciase que o documento tería o visto e prace "en dous meses", e xustificou o mantemento do Instrumento de Ordenación Provisional (IOP) "para dar certidumbre" á situación urbanística da cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

goberno municipal de Vigo fixou este martes “en tres meses” o prazo de aprobación provisional do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, xusto unha semana despois de que o alcalde, Abel Caballero, anunciase que o documento tería o visto e prace “en dous meses”, e xustificou o mantemento do Instrumento de Ordenación Provisional (IOP) “para dar certidume” á situación urbanística da cidade.

Así o manifestou a concelleira de Urbanismo, María José Caride, nunhas declaracións gravadas e remitidas aos medios, nas que sinalou que o goberno local decidiu “co aval dos xurídicos” fixar neses tres meses o prazo de aprobación provisional, de maneira que, nese tempo, tamén seguirá vixente a ordenación provisional.

Caride trasladou estas consideracións tras coñecerse que o secretario municipal, nun informe realizado precisamente a instancias da concelleira, advertía de que se van a dar problemas de “ordenación discordante” a partir de mediados de outubro, xa que se acaba o prazo de suspensión de licenzas.

Nese momento, se se amplía o prazo de aprobación provisional (algo viable legalmente) e mantense o IOP, as licenzas que se outorguen a partir de entón basearanse nunha ordenación urbanística que “non coincidirá, polo xeral, coa inicialmente aprobada (en agosto de 2021) no PXOM en revisión” e “quizáis tampouco coa que provisionalmente se aprobe” en tres meses.

O secretario advirte de que se trata dunha “situación anómala” e que o pleno, “considerando o interese público en xogo e os fins da PXOM en revisión”, debe valorar “a fin de considerar a conveniencia de deixar, ou non, sen efecto o IOP”. En todo caso, tamén apunta que, se non se mantén a ordenación provisional, a situación urbanística se retrotraerá ao plan de 1993 (o anterior en vigor, dado que o de 2008 foi anulado polo Tribunal Supremo), por tanto, tamén se producirá unha “discordancia”. Con todo, o secretario estima no seu informe que a incidencia desa ordenación discordante “pode ter consecuencias máis leves que a discordancia do IOP”.

María José Caride, non entanto, asegurou que manter a vixencia da ordenación provisional permitirá “dar certidume” á situación urbanística de Vigo, e “estabilidade” aos proxectos que se puxeron en marcha ao amparo desa normativa. Así mesmo, incidiu en que “promotores e cidadáns” pedían manter ese IOP. Finalmente, a edila socialista volveu a insistir en que o Concello de Vigo traballou para axilizar a tramitación da novo PXOM, fronte aos “obstáculos” da Xunta.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...