InicioSociedadeAs reformas nas rúas Buenos Aires e Progreso do Porriño finalizarán a...

As reformas nas rúas Buenos Aires e Progreso do Porriño finalizarán a finais de ano

O investimento achégase ao millón de euros e permitirá a mellora da seguridade viaria e para os peóns

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta prevé concluír a finais deste ano as obras de humanización e mellora das rúas Buenos Aires e Progreso do Porriño, tras un investimento de case un millón de euros.

Así o confirmou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que este mércores, xunto ao alcalde do Porriño, Manuel Alejandro Lorenzo, visitou a zona para ver o avance dos traballos.

A Xunta acomete no Porriño a reforma integral da vía autonómica PO-329 ao seu paso polo centro urbano, para transformar unha estrada nunha rúa onde os coches cedan protagonismo aos peóns.

As actuacións desenvólvense nun tramo de 700 metros para reforzar a seguridade dos peóns, mellorar a accesibilidade e o aspecto estético do viario, favorecendo unha mellor integración no núcleo urbano do Porriño. As obras completan a renovación desta estrada, continuando a intervención executada no treito inicial, no termo municipal de Mos.

Así, as obras teñen como obxectivo ampliar o ancho das beirarrúas, primar aos peóns fronte aos vehículos, e reordenar as zonas de aparcadoiro. Tamén se renovará o pavimento, instalarase novo mobiliario urbano e mellorarase a iluminación con 22 novos puntos de luz; e, a petición do Concello e do Consorcio de Augas do Louro, acometerase a renovación e ampliación das redes de saneamento e abastecemento.

VARIOS ÁMBITOS

Para avanzar nos traballos, a actuación dividiuse en varios ámbitos. No que vai desde a glorieta coa PO-511 e a PO-331 ata o cruzamento co río Louro (pasando baixo a autovía A-55), os traballos están “practicamente finalizados”.

Ethel Vázquez explicou que, unha vez rematadas as obras neste tramo, intensificaranse os traballos xa en execución na rúa Progreso, entre o límite con Mos e o paso a nivel coa vía férrea, onde se acometerá a reordenación da calzada e a humanización da vía.

Finalmente, continuou a conselleira, se intervenderá no tramo máis complexo, entre o paso a nivel e o acceso á empresa Frigolouro, onde os técnicos se comprometen “a actuar coa maior axilidade e coidado para minorar a afección e as molestias”.

ÚLTIMAS

O Porriño fai pleno no Sorteo de ‘El Niño’: vendeu o primeiro e o segundo premio

O número 45875 foi o agraciado co segundo premio, dotado con 750.000 euros por...

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...