InicioSociedadeA atención a turistas e as patoloxías leves disparan a actividade de...

A atención a turistas e as patoloxías leves disparan a actividade de urxencias no Cunqueiro durante agosto: 562 pacientes nun só día

O pasado luns, o hospital bateu unha marca, con 562 adultos atendidos en Urxencias nunha soa xornada. Ao longo do mes de agosto, a afluencia media de persoas maiores de 15 anos situouse en 442 persoas (sen contar a mulleres embarazadas), fronte ás pouco máis de 400 do mesmo período do ano pasado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A atención a persoas desprazadas (turistas) e as patoloxías “banais” dispararon a actividade no servizo de urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, que o pasado luns rexistrou unha marca de 562 pacientes atendidos.

Segundo confirmaron fontes sanitarias, mentres que os meses de maio, xuño e xullo mantivéronse en cifras similares ás do ano 2022, no mes de agosto a afluencia ao servizo de Urxencias rexistrou ata agora un incremento do 10 por cento.

O pasado luns, o hospital bateu unha marca, con 562 adultos atendidos en Urxencias nunha soa xornada. Ao longo do mes de agosto, a afluencia media de persoas maiores de 15 anos situouse en 442 persoas (sen contar a mulleres embarazadas), fronte ás pouco máis de 400 do mesmo período do ano pasado. Este aumento, matizaron, está a rexistrarse tamén en servizos de urxencias doutros hospitais galegos.

Desde Sanidade atribúese este pico de demanda á maior afluencia de turistas e a procesos leves (máis da metade das atencións) que poderían atenderse noutros dispositivos asistenciais.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...