InicioSociedadeUn xulgado obriga ao Concello de Vigo a facilitar a conciliación a...

Un xulgado obriga ao Concello de Vigo a facilitar a conciliación a unha traballadora e a indemnizala

O xulgado do Social 4 de Vigo ditou unha sentenza na que estima a demanda dunha traballadora do Concello olívico, e obriga á administración a acceder á súa pretensión de axustar o seu horario de traballo para facilitarlle a conciliación laboral e familiar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Social 4 de Vigo ditou unha sentenza na que estima a demanda dunha traballadora do Concello olívico, e obriga á administración a acceder á súa pretensión de axustar o seu horario de traballo para facilitarlle a conciliación laboral e familiar.

Segundo a resolución, de maio pasado, a traballadora solicitou en xaneiro de 2023 pasar a desempeñar o seu traballo, en instalacións deportivas municipais, en horario de mañá, para poder coidar aos seus dous fillos menores, e dado que a súa parella, garda civil, traballa en quendas de mañá, tarde ou noite, en función das necesidades do servizo.

O Concello rexeitou a súa solicitude, alegando que, precisamente, é polas tardes cando as instalacións deportivas teñen maior afluencia de usuarios e, por tanto, necesitan máis persoal. A xuíza expón na súa sentenza que o Concello achegou razóns xenéricas para denegar a petición, que deu trámite de audiencia á traballadora cando xa desestimara a solicitude e que “non se negociou” con ela, a pesar de que é preceptivo, segundo a normativa.

Por todo iso, recoñece o dereito da demandante a conciliar e prestar servizos de mañá ata que os seus fillos cumpran 12 anos, e condena ao Concello a encartarse a ese recoñecemento e a indemnizar á traballadora en 3.750 euros.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...