InicioSociedadeRexistrado un tremor de terra de magnitude 2.2 con epicentro en Mos

Rexistrado un tremor de terra de magnitude 2.2 con epicentro en Mos

Non houbo feridos nin danos materiais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou este xoves un sismo de magnitude 2,2 con epicentro no municipio pontevedrés de Mos.

Tras producirse o movemento de terra, o 112 Galicia recibiu a chamada de dous particulares. Indicaban que na parroquia de Bembrive (Vigo), concretamente no Camiño das Cerdeiras, os veciños percibiran o tremor. Aseguraban, con todo, que non había persoas feridas, nin sequera danos materiais.

Así, os xestores do 112, postos en comunicación co Instituto Xeográfico Nacional, confirmaron o movemento sísmico con epicentro en Mos, ás 15.34 horas.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...