InicioPolíticaNava Castro asegura que gobernará Ponteareas en minoría se non hai acordo...

Nava Castro asegura que gobernará Ponteareas en minoría se non hai acordo con ACIP

O PP conseguiu sete concelleiros nas eleccións locais deste domingo, subindo dous

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cabeza de lista do PP en Ponteareas nas eleccións municipais deste pasado domingo, Nava Castro, espera contar co apoio de Alternativa Cidadá (ACIP) para gobernar no municipio pontevedrés en maioría, aínda que asegura que o fará en minoría de non producirse ese pacto.

En declaracións a Europa Press, Castro mostrouse satisfeita dos resultados conseguidos pola súa formación, tras obter sete dos 21 concelleiros do Concello, sendo a primeira fose política. “Reflicten que a xente quere un cambio, quere resetear. As urnas falaron de forma clara”, reivindicou. Ela agradeceu aos cidadáns o confiar na lista do PP. Tamén mostrou o seu orgullo polo traballo realizado por todo o seu equipo e polos simpatizantes do partido.

A pesar de que asegurou que aínda non falou con Juan Carlos González, líder de ACIP, insistiu en que como lista máis votada correspóndelle tratar de formar unha maioría, que espera conseguir xunto a el. Con todo, non descarta ser alcaldesa en minoría de non producirse este acordo.

O PP conseguiu sete concelleiros nas eleccións locais deste domingo, subindo dous, mentres que o BNG quedou con seis, caendo tres, e o PSdeG-PSOE fíxose con dous, perdendo un. Pola súa banda, ACIP obtivo catro, o que lle permitiría formar maioría co PP, ao sumar 11 entre as dúas formacións.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...