InicioSociedadeNigrán contará cunha senda peonil na EP-2106 tras un investimento da Deputación...

Nigrán contará cunha senda peonil na EP-2106 tras un investimento da Deputación de Pontevedra

A senda terá unha lonxitude dun quilómetro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Deputación de Pontevedra investirá máis de 680.000 euros na mellora da seguridade peonil na EP-2106 entre A Ramallosa e Parada, no Concello de Nigrán, para a creación dunha senda ao longo de case un quilómetro desta vía, así como a creación dunha plataforma única nun tramo de 200 metros.

Tal como informou o ente provincial, son oito as empresas que optan a levar a cabo estas obras, tras concluír o prazo de presentación de ofertas. A actuación, cuxo proxecto dispón dun orzamento que rolda o millón de euros, financiarase a través dun convenio mediante o cal a Deputación achegará o 70% do investimento e o Concello, o 30% restante.

Os traballos levaranse a cabo ao longo dun quilómetro desta estrada provincial para buscar facilitar as condicións de seguridade e mobilidade das persoas na zona próxima á Igrexa de Santiago de Parada e na que están situados varios equipamentos públicos.

Por iso, crearase unha senda peonil de 2,5 metros de ancho pola marxe dereita en case todo o ámbito de actuación e unha plataforma única nun tramo de 200 metros de lonxitude, tendo en conta as condicións da contorna, na cal se prevé a instalación de mobiliario urbano e a recolocación da marquesiña de autobús, entre outras actuacións.

ÚLTIMAS

Caballero estala contra o BNG tras aprobar a folga xeral en Vigo: “Vostede é de Putin, a democracia para vostede non existe”

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns unha moción do BNG de...

Guerra entre o Concello de Vigo e o PP polos concertos de Castrelos: Caballero impón a súa presenza no escenario?

O goberno municipal de Vigo acusou este luns a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra...

Alerta en Vigo polo envío de correos electrónicos fraudulentos que suplantan á Policía Local

O Concello de Vigo alertou da circulación de correos electrónicos fraudulentos nos que se...

Vigo esixe á Xunta compensacións xustas para máis de 400 propietarios afectados polos plans de vivenda

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns por unanimidade unha moción do...