InicioSociedadeA mellora da climatización do auditorio do Pazo de Mos suporá un...

A mellora da climatización do auditorio do Pazo de Mos suporá un investimento de 33.000 euros

A súa construción iniciouse a finais do século XVI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O auditorio de Pazo de Mos mellorará a súa climatización despois de que a consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Fundación Pazo de Mos asinasen, este martes, un acordo de colaboración.

A Xunta, a través de comunicado de prensa, explicou que a obra contará cun orzamento de 33.000 euros, financiados polo Goberno autonómico, e deberá estar finalizada antes de que termine o ano. Con esta iniciativa, ambas as entidades colaboran na adecuación e mellora dun espazo que promove a realización de eventos de interese xeral con fins culturais e sociais. Desta maneira, búscase aumentar tanto o confort do persoal como o dos visitantes.

Vicepresidencia Segunda detallou que o ano pasado pasaron por este auditorio máis de 16.000 persoas que participaron nos eventos desenvolvidos no pazo. O edificio sitúase á beira do Camiño Portugués e conta con elementos incluídos no catálogo de patrimonio de Galicia. A súa construción iniciouse a finais do século XVI e é de alto valor para o patrimonio galego.

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

Tres persoas feridas nun choque frontolateral entre dous vehículos en Vigo

Tres persoas resultaron feridas leves na mañá deste martes tras rexistrarse unha colisión frontolateral...

Piden máis de 16 anos de cárcere para un acusado de violar e roubar a unha muller en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará este...