InicioSociedadeO alcalde da Cañiza acusa ao PP de mentir cando di que...

O alcalde da Cañiza acusa ao PP de mentir cando di que non lle dá acceso aos expedientes e nega ter prevaricado

O alcalde da Cañiza, o socialista Luís Piña, saíu este mércores ao paso das acusacións do PP, que presentou unha querela contra el (admitida a trámite) por suposta prevaricación administrativa ao negar presuntamente ao portavoz do grupo 'popular' o acceso a expedientes municipais. O rexedor rexeitou rotundamente que haxa resolución algunha para impedir o acceso á información e acusou ao concelleiro Miguel Domínguez de "mentir" e querer "montar un circo" en plena precampaña das eleccións locais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde da Cañiza, o socialista Luís Piña, saíu este mércores ao paso das acusacións do PP, que presentou unha querela contra el (admitida a trámite) por suposta prevaricación administrativa ao negar presuntamente ao portavoz do grupo ‘popular’ o acceso a expedientes municipais. O rexedor rexeitou rotundamente que haxa resolución algunha para impedir o acceso á información e acusou ao concelleiro Miguel Domínguez de “mentir” e querer “montar un circo” en plena precampaña das eleccións locais.

En declaracións a Europa Press, o alcalde puntualizou que o propio xulgado confirma a apertura de dilixencias previas por indicios de prevaricación, pero que non se pode concretar aínda as circunstancias dos feitos nin as persoas que participaron neles. De feito, a única persoa citada polo momento, en calidade de testemuña, é o propio Miguel Domínguez, como querellante, que comparecerá o próximo 21 de xullo.

Ademais, Piña fixo público un certificado da secretaria municipal na que esta sinala que non consta que exista ningunha resolución da Alcaldía para denegar o acceso a expedientes “a ningún concelleiro”, unha acusación realizada polo PP.

Nese sentido, Luís Piña lembrou que a propia normativa establece o dereito dos concelleiros a acceder a esa información e que, se non reciben resposta no prazo de 5 días, dáse por autorizado o acceso. “Pero para iso hai que vir ao Concello a reclamar os expedientes, e Miguel Domínguez é un vago, que dedica o seu tempo como liberado na Deputación de Pontevedra a ir de bar en bar pola Cañiza intoxicando e mentindo”, proclamou.

O rexedor foi máis aló, e sinalou que a notaria coa que se presentou Miguel Domínguez no Concello para reclamar expedientes “interpretou mal” o que dixo a secretaria municipal. Así mesmo, lembrou que existe un decreto de decembro do ano pasado no que o alcalde acorda dar acceso a varios expedientes solicitados polo PP (en cumprimento dunha sentenza).

ÚLTIMAS

Detido un home tras acceder ao Hospital Povisa armado cun coitelo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo procederon este luns á detención dun...

O trastaravó do Papa León XIV era do Porriño

O cóengo-arquiveiro da Catedral de Tui, Avelino Bouzón, publicou unhas pescudas nas que confirma...

O BNG de Vigo propón converter a antiga estación de buses nun centro sociocultural e aparcadoiro público

O grupo municipal do BNG de Vigo presentou este luns unha proposta para transformar...

O Sergas nega o colapso das Urxencias en Vigo e asegura que a atención está garantida

O Sergas saíu ao paso das denuncias do persoal e do alcalde de Vigo...