A Policia Local de Ponteareas investiga a un veciño de Vigo que intenta simular que foi atropelado. Os feitos aconteceron o pasado 4 de agosto, cando os axentes acudiron a avenida Castelao comisionados por unha chamada por un suposto atropelo dun peón.
Unha vez no lugar, e logo de entrevistarse co suposto atropelado, os axentes xa observaron moitas incoherencias no relato dos feitos. Este peón foi trasladado ao centro médico, onde a súa versión dos feitos ao facultativo do servizo de urxencias tamén foi contraditoria, polo que foi dado de alta.
Segundo a Policía Local, posteriormente este peón se autolesionou nunha caída nos arredores do centro de saúde e foi trasladado ao centro hospitalario Povisa.
Por parte dos axentes continuose coa investigación dos feitos con declaración de diversas testemuñas e condutores, das que se conclúe que este peón simulaba ser atropelado por vehículos parados, poñéndose diante e tirándose ao chan, supostamente para percibir algún beneficio do seguro do vehiculo, considerándose unha estafa.
Todos estes feitos foron postos a disposición do Xulgado de Garda de Ponteareas.