InicioSociedadeMulta de 540 euros a un pai vigués tras admitir que consentiu...

Multa de 540 euros a un pai vigués tras admitir que consentiu absentismo escolar continuado da súa filla menor

A fiscalía pedía 5 meses e medio de prisión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un pai vigués, José Antonio V.D., aceptou este mércores unha multa de 540 euros como autor dun delito de abandono de familia, tras consentir que a súa filla menor de idade faltase ao instituto durante practicamente un curso enteiro.

Así se trasladou na vista de conformidade celebrada na sala do Penal 3 de Vigo, na que a maxistrada, tras o devandito acordo, ditou sentenza ‘in voce’, que xa foi declarada firme. Desta maneira, ao admitir o acusado os feitos, condenouno á pena de multa de 6 meses cunha cota diaria de 3 euros, que o procesado pagará en 6 prazos.

Inicialmente, a Fiscalía pedía 5 meses e medio de prisión e a inhabilitación para exercer o dereito da patria potestade por 3 anos. No entanto, ao recoñecer os feitos o home, o ministerio público rebaixou esa petición e reclamou os 6 meses de multa, mentres que suprimiu a petición de suspender a patria potestade.

Os feitos recoñecidos por José Antonio V.D. ocorreron durante o curso académico 2020-21. Segundo se recolle no escrito de acusación pública, este pai “incumpriu consciente e deliberadamente” as súas obrigacións de garantir a educación da súa filla, porque consistiu “con pasividade e desidia” que a menor, que estaba matriculada en 2º da ESO nun instituto de Vigo, apenas fóra a clase uns días do primeiro trimestre en todo o curso.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...